miércoles, 1 de marzo de 2017

ENTROIDO

O día 24 de febreiro celebramos o Entroido no colexio.
Os rapaces e rapazas de 6º axudamos cos preparativos: colocamos as mesas para a comida,colocamos a comida nas mesas e sacamos bancos,colchonetas e cadeiras para o espectáculo do paiaso-malabarista. A verdade é que traballamos un montón!!!
Logo fixemos cos de 6º A esta foto tan chula que poñemos aquí abaixo.


   photo 20170224_110206_zpsvydavzfu_edit_1488127345256_zps8kfvlmdt.jpg
Estamos guapos, a que si??
A continuación,disfrutamos da actuación do paiaso-malabarista que sacou como axudantes a Moira de 3 anos e a Ana de 4º. Tamén sacou a 4 pais e 1 nai para que lle axudaran. Con 4 pais fixo un ring de boxeo e con Pedro, fixo unha carreira a cámara lenta e unha pelexa de broma. A filla de Pedro, Olivia, botouse a chorar pensando que o paiaso lle pegaba a seu pai de verdade.
Estivo moi divertido e rímonos moito.
A charanga de 1º e 2º actuou despois. Parecían profesionais!
Podedes disfrutar do vídeo da súa actuación aquí, un pouco máis abaixo.
Comemos unha chea de dóces típicos do Entroido. O que máis comeu foi Anxo que se puxo as botas. Jajaja!!
Disfrazámonos todos menos Isma e Valeria: Anxo de cabaleiro medieval, Candela de oso panda, Irene de Ginny de Harry Potter, Noela de Hermione de Harry Potter, Ángel de muller, Patricia de moneca de porcelana, Lucía da Princesa Leia, Marco de vaina de guisante, Javi de cabaleiro medieval, Álvaro de asasino, Brais de ficha de dominó, Laura de Pipi Calzaslargas, Miguel de indio e Asun de coello rosa.
Logo de encher o bandullo, axudamos a recoller a comida, os bancos, as colchonetas e cadeiras. Incluso limpamos os papeis do patio.
Para rematar o día, deixáronnos xogar no pabillón ao que nós quixeramos.
En resumo, pasámolo moi ben! 
Os alumnos e alumnas de 6ºB


 photo 20170224_120404_zpseugvasbf.jpg photo 20170224_120422_zpsvetz76fy.jpg



 photo 20170224_120339_zpsop9mzft4.jpg  photo 20170224_120348_zpsoanecpyc.jpg



Entroido 2017 CEIP DE ROXOS from Biblioteca Escolar CEIP de Roxos on Vimeo.

CIENCIAS NATURAIS: Reprodución humana

Comezamos polo aparato reprodutor masculino:



Repasamos agora o aparato reprodutor feminino:



Repasamos agora como se produce a reproducción humana:



Tamén podedes visitar esta páxina para profundizar no tema:


Vídeos interesantes para reforzar o aprendido: