martes, 21 de febrero de 2017

TRABALLO PARA O DÍA DE ROSALÍA

Mañá celebramos o DÍA DE ROSALÍA e os alumnos d 6º estiveron esta semana preparando un par de estrofas do poema Alborada nun traballo colaborativo de todo o centro.
Cada clase tiña que escribir unha das estrofas deste poema e ilustralo.
O alumnado de 6º A escolleu e ilustrou a seguinte estrofa:


 photo 20170223_171153_zpsq2kzmkie.jpg

O alumnado de 6º B escolleu e ilustrou a estrofa seguinte:


 photo 20170223_171039_zpsjgyyrwuy.jpg

Aquí vemos os dous xuntos:

 photo 20170223_171305_zpsre2fizbd.jpg

miércoles, 15 de febrero de 2017

VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN AMBIENTAL DE COMPOSTELA

O mércores 15 de febreiro, os nenos e nenas de 6º visitamos o CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela).

Onde está agora o CIAC, antes había un curtidoiro. Explicáronnos que para curtir as peles se necesitaba auga e cortiza de árbores.

Alí fixemos un xogo que consistía no seguinte: nós iamos a unha vila que contaba cunha fraga e decidiamos quedar a vivir alí a vivir. Os habitantes da vila permitíannos cortar árbores para construír as nosas casas, pero se utilizabamos máis de 23 árbores, non nos permitían quedar porque esgotabamos os recursos da fraga.

Tamén vimos a exposición. A guía explicounos a cantidade de electricidade e de auga que consome cada persoa en diferentes países (España, USA, Kenia ou Mozambique).

Ademais, falamos sobre o petróleo, a regra dos 3R e de como REDUCIR a gran cantidade de petróleo que se usa.

Realizamos outro xogo no cal dous compañeiros eran os avós, outros dous os pais e outros dous os fillos. A guía tirou unhas cantas sementes polo chan e en 30 segundos os avós tiñan que recoller todas as que puidesen. Logo tocoulle o turno aos pais e e despois ás fillas, que quedaron con case ningunha. A conclusión que sacamos desta actividade foi que, se seguimos consumindo tan rápido os recursos do planeta, non lles imos deixar nada con que vivir ás novas xeracións.

Lía M. A.

asungarcia74's Centro de Interpretacion Ambiental de Santiago album on Photobucket

martes, 14 de febrero de 2017

FELIZ DÍA DOS NAMORADOS!!

 Hoxe para celebrar o Día dos Namorados, os de 6º B decidimos aprendernos un poema da escritora Liliana Cinetto titulado AMOR EN LA BIBLIOTECA e logo gravámolo en vídeo para poder compartilo coa comunidade educativa!!


AMOR EN LA BIBLIOTECA (6ºB) CEIP de Roxos from Biblioteca Escolar CEIP de Roxos on Vimeo.

Moitísimas grazas rapaces/zas!! Sodes xeniais!!
Faremos máis experimentos destes!!

FELIZ DÍA DOS NAMORADOS A TODOS!!

EDUCACIÓN VIAL COA POLICIA LOCAL DE SANTIAGO

     O martes día 6 de febreiro os alumnos e alumnas de 6º achegáronse ao Recinto Ferial de Amio para realizar unha actividade de Educación Vial coa Policía Local de Santiago. Pasarano xenial !!! Todos eles protexidos con cascos, e depois de recibir unha clase teórica sobre como debemos comportarnos na vía pública e aprender algunhas normas e sinais moi importantes, puxeron en práctica o aprendido nun circuíto preparado polos membros da Policía Local que tan amablemente nos trataron.

    Había semáforos de verdade e pasos de cebra, kars e bicicletas e tamén compañeiros que se encargaban de vixiar que se respectasen as normas e sinais e que poñían multas se iso non era así.
Dende aquí queríamos agradecer á Policía Local de Santiago a súa colaboración e o exquisito trato que recibimos de todos eles.

Aquí podedes ver máis fotos:




TEMA 3: A FUNCIÓN DE RELACIÓN NO SER HUMANO

VÍDEO SOBRE A FUNCIÓN DE RELACIÓN NOS SERES HUMANOS:



VIDEO SOBRE OS CINCO SENTIDOS E OS SEUS ÓRGANOS:


PAXINA INTERACTIVA SOBRE O FUNCIONAMENTO DOS 5 SENTIDOS



VÍDEOS SOBRE O OLFACTO




VIDEOS SOBRE O GUSTO



VÍDEOS SOBRE O TACTO




VÍDEOS SOBRE A VISTA


VÍDEO SOBRE O OÍDO




VÍDEOS SOBRE O SISTEMA NERVIOSO











....


APARATO LOCOMOTOR


....

   




ACTIVIDADES