miércoles, 15 de febrero de 2017

VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN AMBIENTAL DE COMPOSTELA

O mércores 15 de febreiro, os nenos e nenas de 6º visitamos o CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela).

Onde está agora o CIAC, antes había un curtidoiro. Explicáronnos que para curtir as peles se necesitaba auga e cortiza de árbores.

Alí fixemos un xogo que consistía no seguinte: nós iamos a unha vila que contaba cunha fraga e decidiamos quedar a vivir alí a vivir. Os habitantes da vila permitíannos cortar árbores para construír as nosas casas, pero se utilizabamos máis de 23 árbores, non nos permitían quedar porque esgotabamos os recursos da fraga.

Tamén vimos a exposición. A guía explicounos a cantidade de electricidade e de auga que consome cada persoa en diferentes países (España, USA, Kenia ou Mozambique).

Ademais, falamos sobre o petróleo, a regra dos 3R e de como REDUCIR a gran cantidade de petróleo que se usa.

Realizamos outro xogo no cal dous compañeiros eran os avós, outros dous os pais e outros dous os fillos. A guía tirou unhas cantas sementes polo chan e en 30 segundos os avós tiñan que recoller todas as que puidesen. Logo tocoulle o turno aos pais e e despois ás fillas, que quedaron con case ningunha. A conclusión que sacamos desta actividade foi que, se seguimos consumindo tan rápido os recursos do planeta, non lles imos deixar nada con que vivir ás novas xeracións.

Lía M. A.

asungarcia74's Centro de Interpretacion Ambiental de Santiago album on Photobucket

No hay comentarios:

Publicar un comentario